http://www.falaviva.net/uploads/Carondio-paliadora.jpg


A Coordinadora Ecoloxista denuncia a «falta de rigor» de Cultura en Carondio


    A Coordinadora Ecoloxista d’Asturies acaba de queixarse á Conseyeiría de Cultura pola falta de rigor da súa resolución sobre a denuncia qu’el asociación fixera el 4 de decembre del 2009 comunicando os daños al patrimonio histórico na Serra de Carondio. Os destrozos causóulos a maquinaria que ta abrindo pistas pra construír el parque eólico que se ta executando nese cordal entre os conceyos d’Ayande y Eilao y que ten ún dos mayores conxuntos tumulares d’Asturias.

    A Conseyeiría de Cultura reconoz qu’a empresa nun marcóu as estructuras qu’había que protexer y reclámaye que las balice axina tal y como yo esixira na súa resolución de 4 de novembre del ano pasao. En conto a os daños al patrimonio que denunciara a Coordinadora Ecoloxista –concretamente, al camín prehistórico conocido como A Carreirega dos Gallegos–, tamén reconoz que los huobo, peró señala que taban autorizaos núa resolución da Comisión Permanente de Patrimoniu del 9 de setembre del ano pasao.

    A Coordinadora diz que ta «pasmada» de que s’autorice a destrucción del patrimoniu condo A Carreirega é un ben protexido d’acordo col artículo 61 de beis protexidos pola Llei 1/2001, de 6 de marzo, de Patrimonio Cultural del Principao d’Asturias, al ferse escavacióis sobre a zona. Destácase tamén nel comunicao qu’apareceron en pleno parque eólico os restos d’un campamento romano. A entidá señala como responsables del destrozo tanto á empresa das obras como a das administracióis que permitiron un daño «que xa advertíramos como posible nun paraxe escepcional tanto al Principao como al Conceyo». A Coordinadora Ecoloxista llamenta «el papel del Principao, que permite a destrucción del noso patrimonio arqueolóxico nun entorno de muita valía natural que quedaría afectao se se fai el parque eólico previsto, pral beneficio esclusivo d’úa empresa eléctrica neste vendaval eólico que recorre el Occidente asturiano».

Fuente: FalaVIVA.net